TERRAS DE LOUREDO

NACE UNHA NOVA REVISTA CULTURAL DE HISTORIA E PATRIMONIO

Nace Terras de Louredo

Terras de Louredo nace para compartir e poñer en valor a historia e o patrimonio —material e inmaterial— do noso territorio. Queremos que cada lector poida achegarse ao pasado da súa terra e reforzar ese vínculo íntimo que nos une ao lugar do que vimos.

Cremos que coñecer a propia identidade é unha guía silenciosa que nos axuda a avanzar xuntos cara ao futuro. Por iso traballamos para crear conciencia social e contribuír á conservación do patrimonio local, para que chegue vivo ás xeracións que aínda están por vir.

Neste portal recuperaremos nomes esquecidos, visitaremos xacementos cheos de memoria, evocaremos vidas recentes, mergullarémonos en lendas que esmorecen e descubriremos, con mirada renovada, os monumentos máis senlleiros da contorna.

Terras de Louredo é un proxecto común da Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Toén e á Asociación Porta da Cadea de Sobrado (Barbadás), que está aberto a persoas e colectivos de calquera lugar, porque a historia non entende de fronteiras. Agardamos que gocedes desta viaxe tanto como nós gozamos contándoa.

Visita guiada ao Castro de Trelle

O 11 de xaneiro de 2026 ás 12h realizouse a visita guiada ao castro de Trelle. Unha numerosa concorrencia de visitantes, comuneiros e veciños da bisbarra acudiron ao monte...

Ler máis

2ª Campaña arqueolóxica no Castro de Trelle

O Castro de Trelle, nos municipio de Toén, Cartelle e Barbadás, iniciou en decembro de 2025 unha nova campaña arqueolóxica destinada a afondar no coñecemento científico deste asentamento e...

Ler máis

Mourindade · Aventura Máxica II

Actividade organizada por o Concello de Toén e a Asociación Amigos do Patrimonio de Toén. Do 20 de decembro ao 5 de xaneiro A aventura consta de 7 localizacións...

Ler máis

Búscase o gordo de Nadal 2025

Comeza oficialmente a Procura do Gordo de Nadal 2025. Este ano dóbrase a cantidade xogada con 8€ en participacións, así coma 4 décimos de lotería cedidos polas comisións de...

Ler máis

Inauguración Panel interpretativo en Puga

Esta mañá quedou inaugurado na Carballeira de Puga o segundo panel interpretativo da serie “Lugares con Historia”. Nesta ocasión, o contido está dedicado a unha das actividades máis destacadas...

Ler máis

Novo panel Interpretativo sobre o Brazalete de Toén

O pasado mércores 19 de novembro de 2025, quedou inaugurado o primeiro dos dous paneis interpretativos “Lugares con Historia” que a Asociación porá neste 2025 no concello de Toén....

Ler máis
Versión Física
Solicitar
Versión Dixital
Solicitar

Os nosos libros

Mergúllate no pasado, descobre os nosos libros.

Participa ou colabora

Terras de Louredo medra grazas ás historias que compartimos entre todos/as.
Se tes lembranzas, fotos antigas, curiosidades ou información sobre a nosa historia e patrimonio, queremos escoitarte.
Cada achega conta e axúdanos a reconstruír e valorizar o que somos. Únete e colabora connosco.