Visita guiada ao Castro de Trelle

Visita guiada o Castro de Trelle

Amigos do Patrimonio de Toén / Porta da Cadea Sobrado do Bispo (Barbadás)

O 11 de xaneiro de 2026 ás 12h realizouse a visita guiada ao castro de Trelle. Unha numerosa concorrencia de visitantes, comuneiros e veciños da bisbarra acudiron ao monte dos Castros para coñecer o xacemento.

Os arqueólogos Andrés rodríguez, de Breogán Arqueoloxía, Nerea Vilariño e Dario Peña, de Árbore Arqueoloxía, e o historiador Pablo Sabucedo, de Amigos do Patrimonio de Toén, explicaron aos alí reunidos os achados da campaña arqueolóxica de 2025.

Ata o xacemento tmaén se achegaron representantes das Comunidades de Montes de Moreiras-Trelle e Sobrado-Loiro-Bentraces, propietarias do terreo, e os alcaldes de Toén: Ricardo González, e Barbadás: Xosé Carlos Valcárcel, promotores desta campaña arqueolóxica que foi financiada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Versión Física
Solicitar
Versión Dixital
Solicitar

Colabora con
Terras de Louredo!!

Terras de Louredo medra grazas ás historias que compartimos entre todos/as.
Se tes lembranzas, fotos antigas, curiosidades ou información sobre a nosa historia e patrimonio, queremos escoitarte. Cada achega conta, e axúdanos a reconstruír e valorizar o que somos. Únete e colabora connosco.