A Múseca de Alongos (1891-1936)

Banda de Música Alongos - Puga (1928)

David Sabucedo

A música de Alongos (non confundir ca banda) non é a máis antiga de Toén pero si a máis lonxeba. Os inicios das agrupacións musicais desta parroquia remóntanse á finais do século XIX estendéndose ata inicios do XXI.
En 1891 naceu a primeira banda de música de Alongos baixo a dirección de músico Samuel González. Nun primeiro momento estaba composta por media ducia de compoñentes, mais logo foi medrando este número integrando novos elementos á vez que tamén gañaba máis fama.
Desta etapa inicial temos novas en prensa da banda ou charanga de Alongos dende 1904. O seu bo facer baixo a acertada dirección do “reputado músico Samuel González”, fará que o conxunto reciba as loubanzas dos medios, referíndose a ela coma: “la afamada charanga de Alongos”, “la afinada banda de Alongos” ou “la renombrada charanga de Alongos”. Ademais das actuacións referidas na hemeroteca temos que ter en conta que hai moitas eivas de información, o máis seguro e que en cada festa da parroquia tocara a súa música, sendo os seus comezos no seu lar. O rastro dela pérdese en 1907, e non volveremos ter noticias da música de Alongos ata 1921.
Desta etapa da agrupación só conservamos o nome dun director, Víctor González (fillo de Samuel), que a dirixía en 1927. Debeu ser neste tempo cando que se refire o escritor Blanco Amor, na súa obra Xente ao Lonxe, de que a banda de Alongos era a mellor no estrondo do pasarrúas.

A Lira Artística
En 1928 nace a banda de Alongos-Puga, produto da fusión das agrupacións musicais destes dous lugares, á cal pasou a historia co nome de “Lira Artística”.
A Lira tivo moita popularidade en Ourense e provincia, onde a opinión pública calificouna coma a “honra de Alongos” . O recoñecemento por parte do público e crítica consagrouse cando gañou o certame de bandas de Ourense nas festas do Corpus de 1929, tras imporse ás de Celanova e Sobrado do Bispo. Nesta vitoria foi clave a incorporación de músicos de recoñecido prestixio coma os irmáns Salgado (en decembro de 1928) que viñan da “Infantil de Untes”, e os tres Del Río que actuaban na banda municipal de Canedo (en abril de 1929). En 1929 tiña 25 músicos e en 1933 contaba xa con 35, tendo no seu plantel un gaiteiro de renome en 1927.
Pola “Lira Artística” pasaron varios directores todos eles músicos consagrados : don Julio Pérez, natural de Ferrol (1928-1929), don Manuel Rego de Moreiras (1930) e don Manuel Salgado (1933), a morte deste último en abril de 1934 significou a fin da formación , que se fusionou ca de Untes que dirixía o exdirector don Julio Pérez, creando a “Unión Musical de Alongos-Untes” a banda de Alongos que chegou case aos nosos días.

A Lira Artística de Alongos (1929)

A Unión Musical Alongos-Untes
A nova agrupación musical lexitimou ser a herdeira da “Lira” facéndolle unha homenaxe ao finado director, Manuel Salgado Fariñas, o 2 de xuño de 1934 no cemiterio de Untes.
A Unión Musical baixo a batuta de don Antonio Tojo reinará no panorama musical ourensán gañando por dous anos consecutivos o Certame de Bandas de Musica de Ourense (1934-1935) que se celebraba polas festas do Corpus, o que lle deu fama por toda Galicia e numerosos contratos de actuación nas festas e actos públicos que se celebraban no país. Contan coma anécdota que o topónimo de cada un das poboacións íase tornando en ir diante ou detrás no nome da banda dependendo de onde fose o lugar de ensaio en Alongos ou Untes.
A Guerra Civil puxo punto e final a esta primeira etapa da música de Alongos, sendo a última actuación rexistraba en novembro de 1936.

Unión Musical Alongos-Untes (1934)
Versión Física
Solicitar
Versión Dixital
Solicitar

Colabora con
Terras de Louredo!!

Terras de Louredo medra grazas ás historias que compartimos entre todos/as.
Se tes lembranzas, fotos antigas, curiosidades ou información sobre a nosa historia e patrimonio, queremos escoitarte. Cada achega conta, e axúdanos a reconstruír e valorizar o que somos. Únete e colabora connosco.