UNHA OLLADA
Ó PASADO

Terras de Louredo nace como un espazo vivo para compartir e poñer en valor a historia e o patrimonio —material e inmaterial— do noso territorio. Queremos que cada lector poida achegarse ao pasado da súa terra e reforzar ese vínculo íntimo que nos une ao lugar do que vimos. Cremos que coñecer a propia identidade é unha guía silenciosa que nos axuda a camiñar con máis forza cara ao futuro. Por iso, o noso labor vai máis alá da divulgación: traballamos para crear conciencia social e contribuír á salvaguarda da nosa herdanza local, garantindo que chegue con toda a súa forza ás xeracións vindeiras.

Terras de Louredo é un proxecto común da Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Toén e á Asociación Porta da Cadea de Sobrado (Barbadás), que está aberto a persoas e colectivos de calquera lugar, porque a historia non entende de fronteiras. Agardamos que gocedes desta viaxe tanto como nós gozamos contándoa.

Novas

Visita guiada ao Castro de Trelle

O 11 de xaneiro de 2026 ás 12h realizouse a visita guiada ao castro de Trelle. Unha numerosa concorrencia de visitantes, comuneiros e veciños...

Ler máis...

2ª Campaña arqueolóxica no Castro de Trelle

O Castro de Trelle, nos municipio de Toén, Cartelle e Barbadás, iniciou en decembro de 2025 unha nova campaña arqueolóxica destinada a afondar no...

Ler máis...

Inauguración Panel interpretativo en Puga

Esta mañá quedou inaugurado na Carballeira de Puga o segundo panel interpretativo da serie “Lugares con Historia”. Nesta ocasión, o contido está dedicado a...

Ler máis...

Novo panel Interpretativo sobre o Brazalete de Toén

O pasado mércores 19 de novembro de 2025, quedou inaugurado o primeiro dos dous paneis interpretativos “Lugares con Historia” que a Asociación porá neste...

Ler máis...

Os nosos libros

Mergúllate no pasado, descobre os nosos libros.

Colabora con
Terras de Louredo!!

Terras de Louredo medra grazas ás historias que compartimos entre todos/as.
Se tes lembranzas, fotos antigas, curiosidades ou información sobre a nosa historia e patrimonio, queremos escoitarte. Cada achega conta, e axúdanos a reconstruír e valorizar o que somos. Únete e colabora connosco.