AVISO LEGAL E CONDICIÓNS DE USO
terrasdelouredo.com
Conforme ao disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 e a Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, as seguintes Condicións de uso regulan o presente sitio web terrasdelouredo.com / terrasdelouredo.es
Titular e Responsable Legal:
Entidade: Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Toén
NIF: G04930269
Domicilio: Rúa Alcantre, nº 20, Moreiras, Toén, C.P. 32930 (Ourense)
Correo electrónico: info@terrasdelouredo.com / patrimoniotoen@gmail.com
Finalidade da web: Divulgación, investigación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial, historia e cultura local baixo o proxecto colaborativo “Terras de Louredo”.
Neste proxecto colaboran activamente a Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Toén, a Asociación Cultural Porta da Cadea de Sobrado do Bispo (Barbadás) e outras entidades ou organizacións que se sumen puntualmente para o desenvolvemento das actividades aquí descritas.
1. Usuarios/as O uso e/ou acceso a este portal atribúe a condición de USUARIO/A, que acepta, desde o dito uso ou acceso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. O/A USUARIO/A comprométese á observancia e cumprimento rigoroso do aquí disposto, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.
2. Uso do portal e Formularios de Contacto O sitio web terrasdelouredo.com non esixe inscrición nin rexistro previo para visualizar os seus contidos. Non obstante, pon á disposición dos usuarios diversos formularios coas seguintes finalidades específicas:
Achega e Colaboración: Permitir que os usuarios acheguen información, relatos, documentos ou datos relacionados coa historia e o patrimonio material e inmaterial da zona, así como eventos culturais.
Solicitude de Libros: Xestionar as peticións de libros e publicacións físicas editadas polos colectivos que colaboran no proxecto.
Información de Actividades: Facilitar información sobre actos, eventos e actividades da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén, Asociación Cultural Porta da Cadea e entidades afíns.
Asociación: Permitir o contacto de persoas interesadas en asociarse a calquera dos colectivos que forman parte activa do proxecto.
Responsabilidade dos contidos achegados polo usuario: O/A USUARIO/A garante que a información ou datos achegados a través dos formularios son verdadeiros, exactos e que conta cos dereitos ou autorizacións necesarias para compartilos (especialmente se se trata de fotografías históricas, documentos de terceiros ou testemuños). O usuario cede de forma non exclusiva e gratuíta ao proxecto Terras de Louredo o dereito de utilizar dita información con fins exclusivamente culturais e divulgativos.
3. Modificacións A Asociación resérvase o dereito de realizar, sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se prestan como a forma na que estes aparecen presentados.
4. Responsabilidade A Asociación exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo. Dado que nos formularios se permite a solicitude de publicacións físicas (libros), infórmase de que se se detectase un erro tipográfico na información de dispoñibilidade dun exemplar con posterioridade á solicitude do usuario, a Asociación porase en contacto co interesado o antes posible para informalo da incidencia e ofrecerlle unha solución. Ao ser una actividade asociativa e non comercial, non se procesará ningún envío sen a comunicación directa previa.
5. Propiedade Intelectual e Industrial Todos os contidos de terrasdelouredo.com, incluíndo a título enunciativo o deseño gráfico, a interface de usuario, a combinación de elementos visuais, os textos, as ilustracións, as fotografías e, de forma moi especial, os arquivos de audio das lendas e vídeos, están protexidos polas leis de propiedade intelectual e industrial vixentes. Os dereitos sobre os devanditos elementos corresponden aos seus lexítimos autores ou, no seu caso, á Asociación que conta coas autorizacións correspondentes para o seu uso neste portal.
Queda estritamente prohibida a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública ou calquera outra forma de explotación de calquera dos elementos referidos sen a autorización expresa e por escrito dos seus lexítimos titulares de dereitos.
6. Duración La duración da prestación do servizo do sitio web é de carácter indefinido. Sen prexuízo do anterior, a entidade resérvase o dereito para interromper, suspender o terminar a prestación do servizo do sitio web ou de calquera dos servizos que o integran.
7. Exercicio de Dereitos e Baixa Seguindo a normativa de protección de datos, os interesados terán dereito a obter a rectificación ou supresión dos datos persoais inexactos que lle incumban. En calquera momento, o usuario poderá revogar o consentimento prestado para recibir información cultural o de eventos enviando un correo electrónico a info@terrasdelouredo.com ou patrimoniotoen@gmail.com.
8. Lexislación aplicable e xurisdición As presentes Condicións Xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español, sometiendo calquera controversia aos xulgados e tribunais correspondentes á cidade de Ourense, salvo nos casos nos que legalmente corresponda o domicilio do consumidor.