POLÍTICA DE PRIVACIDADE
terrasdelouredo.com
A presente Política de Privacidade ten como obxecto informar sobre o modo en que se tratan os datos de carácter persoal facilitados polos usuarios a través do sitio web, terrasdelouredo.com de conformidade co Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 e a Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).
1. Responsable do Tratamento
Entidade: Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Toén
NIF: G04930269
Enderezo: Rúa Alcantre, nº 20, Moreiras, Toén, C.P. 32930 (Ourense)
Correo electrónico: patrimoniotoen@gmail.com / info@terrasdelouredo.com
Neste proxecto colaboran de forma activa a Asociación Cultural Porta da Cadea e outras entidades vinculadas á divulgación do patrimonio, as cales poderán ter acceso á información estritamente necesaria para a xestión das finalidades descritas nesta política.
2. Finalidade do Tratamento dos Datos
Os datos persoais proporcionados a través dos nosos formularios serán tratados para as seguintes finalidades específicas:
Colaboracións e Achegas: Xestionar a información, relatos, documentos ou arquivos multimedia enviados polos usuarios para a investigación e posta en valor do patrimonio material e inmateria, no proxecto «Terras de Louredo».
Solicitude de Publicacións: Tramitar o envío ou entrega de libros e material físico editado polas asociacións colaboradoras.
Xestión de Socios e Colaboradores: Tramitar as solicitudes de persoas interesadas en formar parte dos colectivos que integran o proxecto.
Atención de Consultas: Responder ás solicitudes de información sobre actividades, eventos e proxectos culturais desenvolvidos pola Asociación Amigos do Patrimonio de Toén e a Asociación Cultural Porta da Cadea.
3. Lexitimación
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento do interesado, que se outorga de xeito libre e explícito ao enviar os formularios de contacto ou colaboración. No caso de persoas asociadas, a lexitimación reside na execución da relación asociativa.
4. Conservación dos Datos
Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos ou mentres exista un interese mutuo para manter a colaboración cultural. No caso de documentos históricos ou achegas patrimoniais, estes poderán conservarse de xeito indefinido con fins de arquivo e divulgación cultural, salvo que o autor solicite o contrario.
5. Destinatarios
Non se cederán datos a terceiros alleos ao proxecto, salvo obriga legal ou para o cumprimento estrito das finalidades descritas (como empresas de mensaxería para o envío de libros ou entidades públicas colaboradoras na organización de eventos). Non se realizan transferencias internacionais de datos.
6. Dereitos do Usuario
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais que lle incumban. Os interesados poden exercer os seus dereitos de:
Acceso, Rectificación e Supresión dos seus datos.
Limitación e Oposición ao tratamento.
Portabilidade dos datos.
Para exercer estes dereitos, deberá dirixir unha comunicación por escrito ao enderezo postal indicado no encabezamento ou ao correos electrónicos: patrimoniotoen@gmail.com ou info@terrasdelouredo.com, achegando unha copia do seu DNI ou documento identificativo equivalente. Así mesmo, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
7. Seguridade
O sitio web terrasdelouredo.com conta cun certificado SSL que garante a transmisión segura de datos mediante cifrado. Adoptamos as medidas técnicas necesarias para evitar a alteración, perda ou acceso non autorizado aos datos, tendo en conta o estado da tecnoloxía e a natureza dos datos almacenados.
Uso de reCAPTCHA: Para protexer os formularios de envío de spam e abusos, esta web utiliza o servizo reCAPTCHA de Google. Este servizo analiza o comportamento do visitante na web para diferencialo dun bot. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade e os Termos de servizo de Google.