2ª Campaña arqueolóxica no Castro de Trelle

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
LinkedIn
Email

O Castro de Trelle, nos municipio de Toén, Cartelle e Barbadás, iniciou en decembro de 2025 unha nova campaña arqueolóxica destinada a afondar no coñecemento científico deste asentamento e a planificar futuras intervencións de consolidación e posta en valor. A actuación, financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con máis de 16.000 euros, enmarcouse no Plan de actuacións arqueolóxicas de 2025.

Nesta segunda campaña abriuse unha área de escavación de uns 80 metros cadrados, continuando as sondaxes realizadas en 2024: 45 m² no termo de Toén e 35 m² no de Barbadás. Os traballos permitiron documentar novos elementos do xacemento e completar a información obtida na campaña anterior. Unha vez rematada a escavación, parte do espazo foi cuberto de maneira provisional con materiais diferenciadores e terra do propio vertedoiro, á espera de definir un futuro proxecto de consolidación e restauración en función do estado dos restos; outras estruturas foron consolidadas, de maneira provisional, deixando un espazo musealizado e habilitado para os visitantes que se acheguen ao xacmento.

O obxectivo principal foi seguir avanzando na caracterización do castro e obter máis datos que axuden a orientar intervencións posteriores, tanto de investigación como de valorización. Desde a Consellería destacan que estas campañas permiten unha planificación máis eficaz e axeitada das actuacións futuras.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o 9 de decembro de 2025 o lugar acompañado polos alcaldes de Toén, Ricardo González, e de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, nunha visita destinada a supervisar o inicio dos traballos.

Os traballos arquelóxicos correron a cargo de Breogán Arqueoloxía e Árbore Arqueoloxía, dirixidos por Andrés Rodríguez Sobrino.
Esta campaña contou ca colaboración dos concellos de Toén e Barbadás, as Comunidades de Montes Veciñais de Man Común de Moreiras-Trelle e Sobrado-Loiro-Bentraces, e as asociacións culturais Porta da Cadea e Amigos do Patrimonio de Toén.

Daniel Rey (Concelleiro de Barbadás), Ana Peleteiro (Concelleiro de Barbadás), Ricardo González (Alcalde de Toén), Manuel Pardo (Delegado da Xunta de Galicia en Ourense), Xosé Carlos Valcárcel (Alcalde de Barbadás) e ó Arqueólogo é Director da escavación Andrés Rodríguez Sobrino, durante a visíta a Escavación.

Versión Física
Solicitar
Versión Dixital
Solicitar