Mourindade · Aventura Máxica II

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
LinkedIn
Email

Actividade organizada por o Concello de Toén e a Asociación Amigos do Patrimonio de Toén.
Do 20 de decembro ao 5 de xaneiro A aventura consta de 7 localizacións polo Concello de Toén.

Antes de comezar é obrigatorio:

  • Inscribirse no WhatsApp da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén  621 396 855.
  • As pistas iranse publicando nas redes da asociación, así que seguídenos e estade atentos.
  • Unha vez atopada unha proba, déixaa tal e como estaba para os seguintes participantes (se se desenterra algo, volve enterralo).
  • Ao completar as 7 probas, haberá un agasallo final. Só hai 30 unidades dispoñibles.
  • No caso de participar irmáns ou varios nenos/as da mesma familia, o agasallo será un por familia.
  • Os primeiros 30 en completar a aventura poderán optar ao premio.

Date présa!

A HISTORIA O día 20 comeza a Aventura Máxica II:

MOURINDADE.
Despois do que aconteceu o Nadal pasado en Toén, a comarca enteira non deixa de falar de cousas estrañas: sombras preto dos castros, pegadas misteriosas nos camiños e voces que semellan saír da terra mesma… Nese intre chega a Toén unha visitante moi especial: Lara C. Nelson, unha valente estudante de arqueoloxía chegada das illas británicas. Trae consigo a curiosidade, a valentía e un segredo familiar que pode cambiar a historia. A túa misión será acompañala e axudala a seguir o rastro dun antepasado moi especial: Sir John Anthony Joaquim Arnolf Nelson, cuxos pasos marcan o destino dunha aventura chea de enigmas e sorpresas.

Moita sorte, aventureiros e aventureiras! Os mouros e mouras de Toén están a agardar por vós…

Versión Física
Solicitar
Versión Dixital
Solicitar