Búscase o gordo de Nadal 2025

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
LinkedIn
Email

Comeza oficialmente a Procura do Gordo de Nadal 2025. Este ano dóbrase a cantidade xogada con 8€ en participacións, así coma 4 décimos de lotería cedidos polas comisións de festas de Mugares, Toén e Moreiras e a Asociación das Formigas de Trellerma. As papeletas están agochadas por diversas localizacións do concello de Toén, durante a búsqueda teredes a oportunidade de coñecer o noso patrimonio histórico e natural.

A Búsqueda do Gordo de Nadal é unha iniciativa dos nosos compañeiros da Asociacion Porta da Cadea, cos que levamos colaborando 4 anos, e tamén irán a procura do Gordo por Sobrado e Bentraces.

Iremos actualizando as pistas que foron descubertas cada xornada. En tempo real teredes actualizacións no Grupo de Raíces Toén e na canle de whatsapp de Térras de Louredo. Moita sorte!!!

‎Terras de Louredo – Canal de Difusión Cultural en WhatsApp:
https://whatsapp.com/channel/0029ValZmbTC6ZvZbrn0xE0K

Versión Física
Solicitar
Versión Dixital
Solicitar