Inauguración Panel interpretativo en Puga

Facebook
X
WhatsApp
Telegram
LinkedIn
Email

Esta mañá quedou inaugurado na Carballeira de Puga o segundo panel interpretativo da serie “Lugares con Historia”. Nesta ocasión, o contido está dedicado a unha das actividades máis destacadas da vida tradicional en Toén: o uso das barcas e dos portos fluviais do Miño, que durante séculos foron unha vía esencial de comunicación e intercambio entre ambas ribeiras. Queremos agradecer a gran acollida de veciños e veciñas de todas as aldeas do concello, así como das parroquias de ambas beiras do Miño no acto organizado por Amigos do Patrimonio de Toén. Grazas tamén aos medios de comunicación pola súa presenza e ao conxunto de socios e socias da Asociación pola súa implicación constante. En especial queremos recoñecer o gran traballo do compañeiro Marcos, deseñador dos paneis informativos. Finalmente, facemos un recoñecemento especial a Pepe Carneiro, que nos acompañou no acto. A súa memoria, coñecemento e dedicación foron fundamentais para recuperar e poñer en valor unha parte esencial da nosa historia recente. Moitas grazas a todas e todos!

Esta mañá quedou inaugurado na Carballeira de Puga o segundo panel interpretativo da serie “Lugares con Historia”.
Nesta ocasión, o contido está dedicado a unha das actividades máis destacadas da vida tradicional en Toén: o uso das barcas e dos portos fluviais do Miño, que durante séculos foron unha vía esencial de comunicación e intercambio entre ambas ribeiras.
Queremos agradecer a gran acollida de veciños e veciñas de todas as aldeas do concello, así como das parroquias de ambas beiras do Miño no acto organizado por Amigos do Patrimonio de Toén. Grazas tamén aos medios de comunicación pola súa presenza e ao conxunto de socios e socias da Asociación pola súa implicación constante. En especial queremos recoñecer o gran traballo do compañeiro Marcos, deseñador dos paneis informativos.
Finalmente, facemos un recoñecemento especial a Pepe Carneiro, que nos acompañou no acto. A súa memoria, coñecemento e dedicación foron fundamentais para recuperar e poñer en valor unha parte esencial da nosa historia recente.
Moitas grazas a todas e todos!
Versión Física
Solicitar
Versión Dixital
Solicitar