O pasado mércores 19 de novembro de 2025, quedou inaugurado o primeiro dos dous paneis interpretativos “Lugares con Historia” que a Asociación porá neste 2025 no concello de Toén. O panel está colocado dende hoxe ao carón parada de bus das Moas enToén, moi preto do lugar onde se atopou o Brazalete. Sobre o achado desta peza e a súa novelesca historia trata o primeiro lugar con historia.