Durante o mes de xullo do ano 2021 os nosos compañeiros da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén, David e Ismael atoparon no paraxe denominado “Os Toxás”, unha rocha granítica na que apreciaron unha gran acumulación de coviñas. O lugar, una antiga toxeira, como acreditan tanto os donos da finca como o seu topónimo, é na actualidade unha foresta mixta de carballeiras e piñeiros. Atópase situado a uns douscentos metros ao norleste da capela de S. Xoan (Gradeira-Toén) nunha pequena chaira que descurre paralela a antiga pista do psiquiátrico de Toén, a unha altitude de 497 metros sobre o nivel do mar. Unha vez feito iste achádego, procedeuse a una inspeción mais minuciosa do entorno, o que levou o descubrimento de outras 3 rochas, de similares características, con variacions nos motivos, pero con predominio das coviñas en todas elas.
Polo de agora siguen aparacendo novas rochas con coviñas en diversos paneis na contorna da capela do S. Xoan, polo que se decidiu nomear ao conxunto co nome de dito lugar. Suliñamos que ao carón da capela localizouse, e catalogouse no ano 2021 un afloramento rochoso a unha distancia de 90 m. da capela con aliñacions de coviñas de gran tamaño, ainda que as as trataremos a continuación son morfolóxicamente diferentes , tanto no tamaño do soporte como o das própias coviñas. Tomaremos este grupo pola situación como o principal. AS COVIÑAS En iste tipo de representacións a sua datación e interpretación é realmente dificultosa, por tratarse de uns dos motivos mais repetidos dentro dos denominados “gravados rupestres”. Poderíamolos clasificalos como gravuras de tipo abstracto con variantes de maior ou menor complexidade. A sua utilización abrangue dende a prehistoria ata tempos relativamente modernos sobre todo como marcos de término ou señorío, agora ben , hai que ter en conta, como sinalou D. Xesús Ferro Couselo na sua obra “Los Petroglifos de Termino y las insculturas rupestres de Galicia (1952)”, que en istes casos as coviñas solían estar asociadas con outro tipo de siños como cruces ou ferraduras que se irían engadido nos apeos (revisions) sucesivos como certifica a documentación da época, e temos constatado en diversos marcos existentes no Concello, na que conviven sobre a mesma rocha diferentes tipos de gravuras (Marco do Alto das Lameiras (Barbadás). Por mor de ter unha aproximación a sua cronoloxía puxenme en contacto co arqueólogo e membro da Asociación D. Pablo Novoa Álvarez, e según a sua opinión, istas gravuras poderían estar relacionados con cultos astronómicos e dátaos con anterioridade a Idade do Bronce, sendo así poderíamos falar de unha atiguedade superior a os 4.000 anos. O tipo de soporte en dónde se atoparon tratase de rochas graníticas de grao groso, rochas que se erguen do chan a unha altura inferior ao metro, e rematan todas elas en unha superficie mais ou menos chaira, pensamos que de este xeito permiten a sua visibilidade a corta distancia o que lle daría unha función delimitadora. Barallamos a hipótesis de que o conxunto se trate de un espazo de culto na antiguedade, un lugar cargado de simbolismo que trascendu ata os nosos días a través da sua adaptación a relixión cristiana, como ocurre en outros moitos puntos da xeografía Ibérica. En iste pequeno artigo optouse por dar a descripción o mais exacta posible así como a localización dos paneis atopados ata de agora para o seu rexistro agardando pasado o tempo unha futura catalogación e estudo para dar o sentido que sen dúbida ha de ter a ista agrupación de gravuras presentes no Concello de Toén.