O 11 de xaneiro de 2026 ás 12h realizouse a visita guiada ao castro de Trelle. Unha numerosa concorrencia de visitantes, comuneiros e veciños da bisbarra acudiron ao monte dos Castros para coñecer o xacemento.
Os arqueólogos Andrés rodríguez, de Breogán Arqueoloxía, Nerea Vilariño e Dario Peña, de Árbore Arqueoloxía, e o historiador Pablo Sabucedo, de Amigos do Patrimonio de Toén, explicaron aos alí reunidos os achados da campaña arqueolóxica de 2025.
Ata o xacemento tmaén se achegaron representantes das Comunidades de Montes de Moreiras-Trelle e Sobrado-Loiro-Bentraces, propietarias do terreo, e os alcaldes de Toén: Ricardo González, e Barbadás: Xosé Carlos Valcárcel, promotores desta campaña arqueolóxica que foi financiada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.