Estudos Científicos
Nesta sección recompilamos os artigos, ensaios e estudos científicos especializados nos que colaborou activamente a nosa asociación ou os seus membros, así como outros traballos de interese centrados na historia e o patrimonio do noso territorio.
Aquí atoparás referencias e ligazóns a publicacións de gran relevancia no ámbito da historia e a arqueoloxía, moitas delas recollidas en revistas universitarias de prestixio como Minius ou accesibles a través de repositorios e bases de datos académicas como Dialnet .
O noso obxectivo é poñer ao alcance de investigadores, estudantes e de calquera persoa curiosa unha base documental sólida e contrastada que axude a comprender o noso pasado e o noso patrimonio desde unha perspectiva científica.
O brazalete áureo de Toén.
Un caso de estudo de bronce final na área atlántica
Ver Resumo
Autor: Pablo Sabucedo Santos
Idioma: Español
Localización: Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº Extra 29, 2024 (Exemplar dedicado a: Anexo monográfico), páxs. 132-151
Os primeiros poboadores da provincia de Ourense xacemento paleolítico da Piteira
Ver Resumo
O Paleolítico é unha das etapas que menos interese suscitou entre os investigadores galegos do s. xx. En termos xerais, unicamente se deron investigacións concretas e de escasa continuidade temporal, que redundaron nun coñecemento deficitario e incompleto deste extenso período de tempo. Entre os xacementos más relevantes estaba o sitio da Piteira (Toén, Ourense). Este enclave escavouse entre os anos 1976 e 1979 baixo a iniciativa de V. Rodríguez Gracia e deparou unha importante colección de ferramentas líticas. Entre estas identificábanse con claridade elementos característicos da tecnoloxía do Paleolítico medio (produtos Levallois e discoides, principalmente) e outros elementos de tradición máis «arcaica». Deste xeito, A Piteira convertíase na única referencia para o noroeste peninsular do Paleolítico medio (e, polo tanto, da presenza de grupos do home de Neandertal), aínda que a discusión sobre a súa adscrición cultural non estaba completamente resolta. A pesar do altísimo interese do sitio, a súa investigación estivo practicamente detida dende as primeiras escavacións.
Na actualidade, o noso coñecemento sobre as primeiras etapas da presenza humana no noroeste é máis completa, pero aínda existían importantes lagoas de coñecemento, como pode ser o caso do xacemento da Piteira. Entre as cuestións que había que resolver, destacaban as caracterizacións do conxunto completo da industria lítica, a interpretación sedimentaria do xacemento ou o establecemento dunha cronolóxica numérica precisa. No transcurso da execución deste proxecto INOU-Campus da Auga 2023 puidemos reactivar as investigación sobre o sitio e obter información valiosa para a súa interpretación, a pesar de constatar a completa destrución do xacemento en datas relativamente recentes
Autor: E. Méndez-Quintas; R. Lage Socastro; L. Rodríguez Álvarez; M. A. Álvarez Vázquez; B. Comendador Rey.
Idioma: Galego
Colabora: Amigos do Patrimonio de Toén
Localización: Proxectos INOU 2023: Investigación aplicada na provincia de Ourense, 2024, ISBN 978-84-1188-035-0, págs. 63-94
A Mámoa das Lameiras en Moreiras (Toén)
Ver Resumo
O 7 de agosto de 2020, un voraz incendio nos montes de San Pedro de Moreiras, no concello de Toén, deixou ao descuberto o que o tempo e a maleza mantiñan oculto: a impresionante Mámoa das Lameiras. David Sabucedo Cardero, que presidía a Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén por aquel entonces, relata como as lapas revelaron a magnitude real deste monumento do período Calcolítico, que con 28 metros de diámetro e dous de altura, xa fora ollado polos autores anos atrás sen chegar a ser catalogado nese momento.
Esta tumba de corredor, construída con granito e seixo para outorgarlle unha suposta protección espiritual, amosa as cicatrices dun antigo saqueo —o chamado cono de violación— e as agresións máis recentes da maquinaria pesada derivada de proxectos humanos que nunca chegaron a callar. Posiblemente identificada na documentación medieval de 1133 baixo o nome de «Lacuna», pola auga que se empozaba no seu cráter, esta estrutura eríxese hoxe como a última sobrevivente dunha gran necrópole megalítica devastada pola acción do home. Máis alá do seu valor arqueolóxico intrínseco, o achado serviu para espertar a memoria e o orgullo dos veciños de Moreiras, impulsando a través da Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén un novo compromiso coa salvagarda e posta en valor do rico e esquecido patrimonio histórico da bisbarra
Autor: David Sabucedo Cardero
Idioma: Galego
Localización: Raigame. — N. 45 (abril 2021) ; pp. 18-25
O coto Auriense e o castelo de Louredo entre as terras de Búbal e Limia (SS. X-XII)
Ver Resumo
No traballo estúdanse os límites do coto concedido á igrexa de Ourense no século X e as ampliacións que del fixéronse en 1133, así como o distrito gobernado polo castelo de Louredo entre os séculos X e XII. Obsérvase tamén os cambios sufridos na administración territorial de Búbal e Limia durante as devanditas centurias, ligados ás transformacións políticas que os provocan: talvez os ataques normandos ao redor do ano 1000, a reorganización do reino por don García de Galicia e o nacemento do reino de Portugal.
Autor: Fco. Javier Pérez Rodríguez
Idioma: Español
Localización: Minius. Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía Núm. 23 Pág. 241-260